Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un vehículo impacta contra unha casa na subida a Reboreda e chega ata a cociña

Captura de pantalla 2024-08-05 150845

O suceso aconteceu a noite do sábado, sobre as 04:30 horas da madrugada. O condutor foi quen alertou ao 112 Galicia do acontecido e segundo a mesma fonte “chamou explicando que quedara durmido ao volante e tras unha saída de vía chocou contra unha casa situada na subida cara Reboreda a altura do número 123. Non houbo feridos e non precisou de asistencia sanitaria. A colisión foi tan violenta que o turismo acabou no interior da cociña da vivenda. A sorte foi que estaba deshabitada.

O 112  informou á Policía Local de Redondela, Protección Civil de Redondela e Garda Civil. Os axentes da Garda Civil fixéronse cargo da instrución e o resto de medios desprazados colaboraron no lugar do accidente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará