Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acada a segunda praza na primeira regata da Liga Galega de Veteranos

RR_Noticias

Os veteranos de Chapela acadaron a segunda praza na primeira regata da Liga Galega de Veteranos disputada esta fin de semana en Redondela. A embarcación de Samertolameu foi a vencedora da proba.

Coincidindo co 25 aniversario do Club de Remo de Chapela, esta entidade organizou a primeira das regatas do calendario da Liga Galega de Veteranos, recén estreada. O barco de Chapela acadou a segunda praza,por detrás de Samertolameu, que foi a vencedora da proba. Por detrás dos de Meira e Chapela quedaron Tirán e Bueu. A regata, disputada na tarde do sábado en Chapela, non rexistrou incidencias, e disputouse nun ambiente de cordialidade por parte dos catro clubs participantes. a próxima cita desta Liga Galega de Veteranos será o 17 de xullo en Tirán.
Liga Galega de TraiñeirasA próxima fin de semana continua a Liga Galega de Traiñeiras, será o sábado 3 de xullo coa XXIV Bandeira Concello de Redondela, que organiza o Club de Remo de Chapela, e na que se dan cita un total de 17 clubs.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará