Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Cesantes fai historia coa creación do seu primeiro equipo sénior feminino

453190074_822400379869554_7647776335289460556_n

O CD Cesantes acaba de anunciar a creación do primeiro equipo sénior feminino da súa historia despois de 55 anos de existencia. Debutarán en Terceira Rexional e o obxectivo é mantelo no tempo e apostar polo fútbol feminino creando máis categorías na base.

A idea de formar o equipo feminino xurdiu fai anos, pero coa última directiva puido materializarse. Agradecen ás mozas do equipo sénior masculino por “tomar as rendas deste proxecto e atraer a máis xogadoras”, todas con distintos niveis e ganas de xogar. Polo momento está formado por 12 xogadoras: Inés, Iria, Eva, Noa, Judith, Ángela, Bárbara, Alba, María, Julia e Vero; ás que se lle suma a cadete María que despois de xogar no mixto “pode agora continuar no club e seguir xogando onde se sinte a gusto”. Moitas veces as rapazas teñen que saír do municipio para poder continuar con este deporte, pola falta de equipos para elas, e gracias a esta iniciativa teñen máis opcións preto da súa casa.

O club está adaptando os horarios de adestramento no campo para xestionar o vestiario e darlles o seu propio espazo. Dende a directiva, Isaac Otero, explica que “queremos facer as cousas ben e que se sintan cómodas, ofréndolles as mesmas posibilidades en función das súas necesidades”. Tamén contarán cunha equipación nova para a que están buscando patrocinadores, “porque os custos increméntanse e queremos seguir crecendo como club”, conclúe Isaac.

O Cesantes está crecendo e van incorporar dous equipos novos, o sénior feminino e o benxamín, que se suman aos sete que xa teñen. Nestes momentos contan cun equipo alevín, dous de cadete, un xuvenil, o sénior masculino e o de veteranos. “O cesantes estamos aquí e imos intentar conseguir todos os equipos da categoría base”.

Como obxectivos de cara a seguinte tempada marcan a permanencia e continuidade do sénior feminino, a creación de todas as categorías base e o ascenso do sénior masculino. Este último descendeu o ano pasado a Segunda Rexional e este ano queren volver a Terceira, “onde  creen que deben estar, porque os deportistas poden demostralo e o bloque de deportistas vai a ser o mesmo”.

Animan a toda a rapazada de Redondela a unirse ao club e fan un chamamento as rapazas interesadas en entrar no novo proxecto do sénior feminino que van a levar con moita ilusión e cariño. Para máis información poñen a disposición os números de teléfono 673 42 51 54 (Marcos) e 636 17 42 74 (Tavo), ademais das redes sociais do CD Cesantes.

Entrevista completa a Isaac Otero do CD Cesantes
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará