Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acouga adianta o seu primeiro disco “Ambar” cun concerto en Pazos

acouga_grupo(5)

O Concello de Pazos de Borbén organiza dous concertos o venres ás 22:00 horas da noite na Praza do Concello. Tocarán a banda local Acouga e o grupo santiagués Grande Amore.

Acouga é unha banda local emerxente que mestura metal, hardcore e pop rock. Distínguense por ter sons guturais e melodías popeiras que dan espazo para bailar e cantar as letras, todas compostas en galego cunha mensaxe xeracional.

“Temos un estilo ecléctico e enérxico con moitos cambios e con letras sobre a frustración xeracional”, Gabri.

Compartirán escenario con Grande Amore, artista irrepetible que mestura rock, caixas de ritmos e sintetizadores, creando unha explosiva fusión que pon a bailar a todo o mundo. Segundo o cantante Gabri Fuentes, as dúas bandas, “aínda que distan moito no son, comparten moitos puntos en común nas letras”. Unha proposta de concerto dobre na que celebrarán a vida cunha mestura entre rabia, descontento e amor que nos leva por unha viaxe emocional e filosófica.

“Podería parecer que somos dúas bandas que non encaixan nada, pero temos máis en común do que parece”, Gabri.

O disco “Ambar” sairá en outono e pretende ser un proxecto conceptual  no que falan “da esperanza, os seus anelos, a reivindicación do amor, a vida e o cotiá” co propósito de facer unha catarse ao final con lume para renacer e voltar a empezar. Unha especie de ciclo que xira entorno a primeira canción “Un novo día “ e a última, aínda sen confirmar o nome. “O ambar é un símbolo, unha metáfora  para nós que representa a nostalxia, porque é unha resina fósil que conserva obxectos e polo tanto recordos e memoria”, explica o cantante. Para a gravación contan coa colaboración de Cimática Estudos, con sede en Cerceda.

“O soño de ter un disco os catro xuntos o temos dende pequenos”, Gabri.

Os de Pazos levarán moitas sorpresas ao concerto de mañá, dende a estrea da canción Salitre e o seu vídeoclip a unha posta en escena na que interactuarán co público dende o humor. Tocarán todo o repertorio que durará ao redor dunha hora de directo e, desta forma, drán ao público un adianto do que será o seu primeiro disco.

“Unha das cancións ten unha gran sorpresa agochada”, Gabri.

A Praza do Concello de Pazos de Borbén acolle estes dous concertos de balde na Praza da casa consistorial a partir das 22:00 horas.

Anuncian que o mércores 14 de agosto continúan a xira e estarán a partir das 21:00 horas na Discotasca.

Entrevista completa a Gabri Fuentes de Acouga
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará