Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana de concertos con Airiños do Mar de Teis e Only Cash

Airiños do Mar de Teis

A programación cultural de Verán do Concello de Redondela achega este venres a Chapela a mellor música tradicional galega. Será con Airiños do Mar de Teis, que actuará na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas.

A agrupación musical Airiños do Mar de Teis achega os cantos de taberna ao público de todas as idades. Interpretan música tradicional galega, pero o seu repertorio ofrece tamén música tradicional arxentina ou sambas, e tamén compoñen temas propios. Recoñecen que a súa principal influencia musical é Fuxan os Ventos, e contan con versións do mítico grupo con temas adaptados para a súa formación.

A proposta musical para o sábado día 10 é co grupo redondelán Only Cash, que actuará ás 22.00 horas na praza da Torre. Está composto polos anteriores emmbros de 33 RPM no que tocarán versións de  rock, blues e soul internacional.

A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, confía en que “tanto a veciñanza como os visitantes disfruten destas actividades, unha programación con música de diferentes estilos e pensada para todo tipo de públicos”.

A programación do mes de agosto continúa con Supersonic o día 23 na Alameda de Chapela e a Rondalla de Redondela que pechará a programación de verán co seu tradicional concerto na praza da Torre o día 31.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará