Hoxe é Martes 24 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello resolve unha media de 17 incidencias diarias en infraestruturas

Arranxos Vías e Obras

Nos últimos 12 meses o servizo de Liña Verde recolleu un total de 4.138 incidencias, a maioría corresponden aos departamentos de Alumeado Público e Vías e Obras. No caso do alumeado un 95% das incidencias xa están solucionadas. No servizo de Vías e Obras entre as que están xa arranxadas e as que se atopan en proceso, máis dun 72% das demandas están solventadas.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, fai un balance positivo do funcionamento do servizo de Liña Verde Redondela. Esta aplicación permite á veciñanza comunicar incidencias sobre o alumeado público, vías e obras ou o saneamento, entre outros asuntos. Desde xullo de 2023 ata xullo de 2024 o servizo de Liña Verde recolleu un total de 4.138 incidencias. Villar explica que a maioría das solicitudes corresponden aos servizos municipais de Alumeado Público (52%) e ao de Vías e Obras (46%). O resto de incidencias corresponden ao servizo de Abastecemento e Saneamento e a Fontes Públicas. Villar sinala que neste ano o departamento resolveu unha media de 17 incidencias diarias, tanto en cuestión de obras e mantemento de estradas, como en arranxos de edificios públicos e alumeado.

No caso das incidencias recollidas por problemas no alumeado público, que foron 2.127 nos últimos 12 meses, o concelleiro explica que un 95% delas xa están solucionadas. De sumarse as que están revisadas ou en proceso, a práctica totalidade das incidencias están solventadas.

As incidencias relacionadas co servizo de Auga e Saneamento, desde xullo de 2023 e ata xullo deste ano, son un total de 84. Están xa resoltas ou en proceso 60 destas demandas, o que supón máis do 70% das incidencias solventadas.

Roberto Villar recoñece que “queda moito traballo por facer” pero sinala que os datos da Liña Verde “demostran que as denuncias do PP de que non se fai nada son falsas, e tan só buscan desgastar a un departamento que todos os días resolve incidencias”. O edil lamenta que o grupo popular se dedique a tirar fotos de fochancas e herbas nas estradas “logo dun ano de mandato sen facer algunha proposta seria para que mellore Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará