Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campamento da Illa de San Simón acolle a 30 mozos durante unha semana

Campamento_SanSimón

A campaña da Xunta de Galicia “O teu mellor verán” organiza un campamento na Illa de San Simón no que está a desfrutar de actividades culturais 30 mozos e mozas entre os 13 e os 16 anos.

O campamento chamado “A Illa das historias” ten unha duración dunha semana, finalizando o vindeiro sábado, e os participantes están a desenvolver propostas de educación ambiental, arte, cultura e historia aproveitando a singularidade deste enclave natural da ría de Vigo. Neste senso, teñen a oportunidade de tomar parte en actividades náuticas, obradoiros para o coñecemento da tradición marítimo-pesqueira local, talleres artístico-literarios ou de desfrutar de tempo de lecer na praia e con distintos xogos.

Dentro da súa programación de verán para a xuventude, a Xunta ofertou no que se refire á modalidade de campamentos en instalacións da provincia de Pontevedra un total de 1.965 prazas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará