Hoxe é Martes 24 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comeza a segunda fase do 40 Mundialito da Xunqueira de categorías inferiores

WhatsApp Image 2024-07-19 at 14.16.37

A pista da Xunqueira está a acoller o XL Mundialito de fútbol sala en categorías inferiores, organizado polo Redondela FS e a Concellería de Deportes, dende o 26 de xullo e rematará o 17 de agosto. Esta é xa unha cita indispensable no verán de Redondela que vai máis aló dun torneo deportivo, e xa está consolidado como un evento social na vila. Disto dan mostra o elevado número de equipos inscritos, superando as previsións. Nesta edición son 58 equipos de nenos e nenas competindo na pista da Xunqueira. Neste torneo participan non só equipos de Redondela, senón que chegan tamén moitos desde os municipios veciños de Vigo, Soutomaior ou Pazos para vivir esta festa do fútbol sala.

Entre as categorías que participan atópase a Infantil (nados en 2010 e 2011), Alevín (nados en 2012 e 2013), Benxamín (nados en 2014 e 2015), Prebenxamín (nados en 2016 e 2017), Biberón (2018 e 2019) e Chupete (nados en 2020, 2021 e 2022).

Os máis pequenos son os protagonistas desta cita e espertan moita simpatía entre o público, xa que con están comezan a dar patadas ao balón. Hoxe comezan a xogar os “Chupetes” que con tres anos de idade farán unha exhibición do seu entrañable facer na pista. Estes seis equipos están formados polo Grupo Casa Paco 81 que participa con 12 equipos en distintas categorías e ao redor dos 140 nenos e nenas.

Os partidos dispútanse os sete días da semana, de luns a domingo, entre as 19.00 e as 22.30 horas e sendo ao redor de nove partidos diarios. As semifinais terán lugar o martes 13 e mércores 14, para dar paso a fase de consolación o día 15. O día 16 disputaranse os partidos para definir o terceiro e cuarto posto e a gran final será o sábado 17. Dende a directiva sinalan que “quedaron moitos nenos e nenas fora porque era imposible dar espazo a todos os partidos, xa que teñen que comeza ás 19:00 horas e non antes pola vaga de calor”. Haberá trofeos para todos os participantes e medallas para a categoría Chupete.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará