Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rober Coello: “O ascenso á División de Honra é un premio ao esforzo do equipo e do club”

xuvenil fs

O adestrador do equipo xuvenil do Redondela FS, que ven de confirmar o seu ascenso á máxima categoría do fútbol sala nacional, amosa a súa satisfacción por un logro “máis que merecido” e que supón “un premio á continuidade” que o equipo amosou ao longo de toda a pasada tempada nunha liga galega cun invel “impresionante” e na que acabaron invictos fóra da casa.

Este ascenso, malia que se produza pola renuncia doutro club da zona norte, é tamén un recoñecemento ao traballo realizado nos últimos tres anos cando se conformou un equipo formado por un grupo de mozos “apaixonados polo fútbol sala, grandes xogadores e grandes persoas” tal e como os define o seu adestrador, Rober Coello.

Insiste en que nesta nova andaina contarase cos xogadores actuais malia que tamén poida sumarse algún reforzo “urxe planificar para reforzar o equipo e lograr o obxectivo da permanencia nunha tempada máis complicada que a anterior con desprazamentos que os levarán fóra de Galicia”. Con todo, Coello confía nos seus xogadores “temos un gran equipo,  formado por rapaces de 16 e 17 anos que levan toda a vida no club e que son mostra clara da boa canteira e o bo traballo que o Redondela FS leva facendo dende hai anos”.

Para estar en forma comezaron xa a pretempada con adestramentos esta mesma semana e a vista posta nos primeiros partidos que os van levar a Lugo o 14 de setembro no que será  seu debut nesta categoría ante o Lugo Sala.

Confían tamén en continuar tendo o favor do público “que adoita encher as bancadas cada vez que xogamos no pavillón da Marisma” e en sumar novos patrocinadores e colaboradores “que faciliten afrontar unha tempada que conleva máis investimentos económicos que non se poden sufragar exclusivamente coas achegas das administracións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará