Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan. Percorrendo o camiño: Mercedes González

Sumiller de profesión, Mercedes González achegouse a esta actividade de xeito natural xa dende ben pequena “cando visitaba a taberna acompañando ao meu pai” ou merendaba nos furanchos. Sería co paso dos anos cando decide profesionalizarse nun mundo masculinizado porque, explica “malia a importante presenza de mulleres nas adegas e noutros negocios vinculados co viño elas adoitaban estar nun segundo plano”.
Falamos da súa profesión e dos cambios que se teñen producido nos últimos anos neste sector cunha muller de carácter que non dubida en dar visibilidade a todos eses machismos que rodean o mundo do portocolo e a tradición vinícola.

“As mulleres contan. Percorrendo o camiño” un espazo da radio Municipal deRedondela en colaboración coa Concellería de Igualdade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp