O único acertante do sorteo da primitiva deste xoves selou o seu boleto na administración “La Coca de oro” na rúa Xeneral Rubín. En concreto, a persoas afortunada fíxose cun premio de 1.420.998 ao ser o único afortunado da primeira categoría do sorteo cuxa combinación gañadora é 13, 16, 22, 32, 39 e 45.
Este sorteo non obtivo ningún acertante da Categoría Especial, que se corresponde con seis acertos e reintegro, polo que se xera un bote de 85 millóns de euros para o próximo sorteo.
Dous grandes premios en menos dun ano
Dáse a circunstancia de que este despacho de lotería na Avenida Xeneral Rubín 26 tamén repartiu fortuna no pasado mes de decembro cando repartiu o número 45353. Un quinto premio da Lotería de Nadal que fora moi repartido por distintas localidades galegas.