Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira celebra o San Bernardo a ritmo de verbena

igrexa cedeira

A parroquia de Cedeira acolle os días 17, 18 e 20 de agosto as celebracións parroquias na honra de san Bernardo e san Roque. Tres días de festa con verbenas, actos relixiosos e actividades para os cativos.

As celebración comezarán o día 17 as cinco da tarde con pasarrúas a cargo da banda de gaitas e percusión Foulas. A música nocturna correrá a cargo das orquestras Arena  e la Conexión.

Ao día seguinte, o domingo 18, aos actos relixiosos ás doce do mediodía arrancan a xornada cunha procesión acompañada polo gurpo de gaitas asubíos de Porta Cedeira. A partir das cinco haberá xogos para nenos e nenas no recinto da festa e verbena nocturna co  Millenium e Acordes.

O día 20, día de San Bernardo, as actividades comezarán as dez con pasarrúas a cargo da banda Cultural de Barro. Haberá tamén misa solemne cantada pola coral  A Raiña de Cedeira e a partir das dez da noite verbena amenizada polo Trío Azar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará