Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jazz en Reboreda para reivindicar o escenario natural do Carballo das Cen Pólas

carballo das cén pólas

O emblemático recinto natural acolle este sábado 17 un festival de jazz coas actuacións a partir das 20:30 horas do sábado cos grupos Django Swing, a banda de Swing de Navia e o grupo local Antonio Castillo cuarteto. O recinto contará con servizo de cantina.

IV edición do festival de jazz de Reboreda que volve reunir este sábado tres formacións musicais especializadas neste xénero musical nacido a finais do século XIX nas comunidades afroamericanas de Nova Orleáns.

Neste caso os grupos elixidos achéganse as diferentes modalidades de jazz, dende os ritmos máis puristas do cuarteto do redondelán Antonio Castillo, pasando pola música de Aló Django, proxecto galego inspirado nos xitanos manouche centreuropeos, o chamado gypsy swing ou o swing e o blues que achega a formación Navia Swing band de Vigo.

Javier Sotelo, Sociedade Labrego Cultural Reboreda

Os asistentes poderán gozar da música e tomar tamén unha cervexa, un refresco ou choripán no servizo de cantina que se habilitará para esa tarde noite.

Un acto que serve tamén para reivindicar o prado do Carballo das Cen Pólas que ao entender da Sociedade labrego cultural non está suficientemente protexido e explotado por parte das administracións no que se refire ao seu mantemento e dotación de instalación que permita a realización de actividades e eventos culturais nun espazo que presenta unhas características naturais moi propicias para este tipo de actos.

 Un festivla organizado pola Sociedade labrego cultural de Reboreda e a asociación de veciños en colaboración co Concello de Redondela e a Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará