Hoxe é Luns 23 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades nocturnas de ecoturismo en Redondela

viso outeiro grande

A programación dos Roteiros medioambientais que organiza o concello de Redondela deixa na fin de semana dúas actividades en horario nocturno que permitirán aos asistentes gozar da contorna natural dun xeito diferente. Marcelo Rodíguez de Faia educación ambiental será o encargado de guiar tanto a ruta nocturna que terá lugar na praia de Cesantes este sábado 17 como a observación panorámica prevista para o domingo no Viso.

Unhas propostas que precisan de inscrición na oficina de turismo ou no teléfono 986 401713 e que están a piques de esgotar o número de participantes “veciños e visitantes que queren vivir unha experiencia diferente achegándose ao espazo natural”.

A primeira das actividades partirá dende a praia de Cesantes ás 21:00 horas do sábado e durante o percorrido coñecerán a riqueza areal do espazo, os seus sectores produtivos ou as illas de San Simón e San Antón.

Haberá tempo tamén para a observación das estrelas coñecendo brevemente as constelacións que se poden identificar dende esta zona.

O domingo 18 a cita consistirá nunha observación panorámica nocturna dende o Viso. Esta actividade é unha das novidades da programación deste verán na que os participantes poderán gozar das vistas panorámicas que ofrece o Miradoiro de Outeiro Grande sobre a Ría de Vigo. Todo un espectáculo que contará coas explicacións de Marcelo Rodríguez que convidará aos asistentes a identificar aqueles puntos xeográficos que se poden ver dende este lugar que conta cunha vistas privilexiadas. O punto de encontro será no propio Miradoiro de Outeiro Grande, e a actividade será de 21.00 a 22.30 horas.

Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na Oficina de Turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará