Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta destina preto de 900.000 euros para fomentar o emprego na comarca

RR_Noticias

A Consellería de Traballo e Benestar atenderá a 142 persoas en paro a través do programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD) así coma mediante os plans de cooperación coas entidades locais e os programas mixtos de formación e emprego. O programa desenvolverase nos concellos de Fornelos, Pazos, Redondela e Soutomaior

Así os concellos da comarca contan cun investimento de case 300.000 euros para atender a 90 desempregados a través de diversos cursos de formación co fin de mellorar a súa formación profesional e ter maiores oportunidades de reincorporarse a un posto de traballo que o sistema produtivo require. En cada curso poden inscribirse 15 persoas e se formarán en diversas materias coma a prestación de servizos sociais e atención a enfermos, de servizos administrativos, de electrónica ou de informática e novas tecnoloxías, entre outros.
Pola súa banda, no que respecta aos plans de cooperación coas entidades locais, estes catro municipios disporán de case 600.000 euros (582.693,66) máis para beneficiar a contratación de 52 persoas en situación de desemprego.
Neste caso, o obxectivo é a adquisición de experiencia profesional das persoas desempregadas, polo que realizarán obras e servizos de interese xeral, social ou medioambiental coma por exemplo unha actuación no centro social Oitavén e no entorno da praia fluvial de Fornelos de Montes; a reparación, mantemento e revalorización de espazos públicos e zonas naturais de Pazos de Borbén; a conservación de espazos públicos ou servizos administrativos para Soutomaior; ou a dotación dos Grumir (Grupos de Intervención Rápida), a vixiancia, salvamento e limpeza de praias e o mantemento do entorno urbán de Redondela.
A duración dos contratos varía entre os tres e os doce meses en función dos programas e das iniciativas propostas polos concellos solicitantes e, unha vez rematen o proceso de selección, estímase que as contratacións do persoal comezarán a facerse efectivas durante todo o mes de xullo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará