Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anuncian unha acampada ante a Deputación para reclamar o arranxo da estrada entre Amoedo e os Valos

corte tráfico

A Plataforma pola mellora da EP-2702 tampouco descansa este mes de agosto. Hoxe luns ás 19:00 horas teñen previsto cortar a N-550 entre Redondela e O Porriño a altura dos Valos para reivindicar unha vez máis o arranxo da estrada que comunica este punto con Amoedo. Reclaman tamén que se repoñan as sinais que establecían a prohibición do paso de camións de gran tonelaxe por unha vía “estreita, sen pintar, con fochancas e se beiravías que é un perigo constante para os seus usuarios”.

José García, integrante da plataforma, lamenta os prexuizos que poidan causar coas súas mobilizacións pero insisten en que esta é a única alternativa que lles queda ante o silencio da Deputación “que segue sen recibirnos” polo que non descartan protagonizar unha acampada ante este organismo en Pontevedra.

José García, Plataforma EP-2702

Estiman que son uns 40 trailers os que circulan diarimente por unha estrada na que “en moitos tramos non pasan dous vehículos”. Con todo o máis grave é que a estrada ten limitado o paso de camións pesados “pero no seu día, cando Redondela decretou a prohibición de que este vehículos cruzase polo centro da vila, arrancaron as sinais e malia que estamos solicitando a súa reposición dende a Deputación non atenden a esta demanda que está a poñer en risco a seguridade a veciñanza e dos propios condutores”.

A día de hoxe o proxecto de arranxo continúa sen avanzar. Aseguran que no documento enviado pola deputación ao Concello hai un erro que impide que o goberno local de Pazos avance neste primeira fase.

Aínda así ese proxecto inclúe tan só un tramo dos oito kilómetos de toda a vía “unha actuación que non solucionaría o problema da estrada, polo que reclamamos que se acometa a obra de ampliación na totalidade da estrada.

A mobilización de hoxe será ás 19:00 horas na N-550 no alto dos Valos. Cortarase o tráfico durante 15 minutos nos dous carrís da marcha e durante unha hora e corenta minutos máis exclusivamente un carril.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará