A Fundación Conchita Regojo en colaboración coa Fundación Fabre organiza este xoves ás 19:00 horas unha actividade benéfica que ten como obxectivo recadar fondos para poder dar a coñecer á orquestra de Saxos de Redondela en Madrid e Zamora e custear así o desprazamentos dos seus músicos a estas localidades.
Coa entrada servirase un cóctel e a orquestra de saxos ofrecerá un concerto. Haberá tamén sorteos entre os asistentes de agasallos doados por empresas e comercios de redondela. A velada rematará coa actuación dun dj ata a medianoite.
Co recadado financiarase o traslado e estancia dos músicos que conforman esta orquestra como embaixadores en Madrid e a súa actuación en Zamora na Residencia de Maiores que xestiona a Fundación Conchita Regojo.
O evento conta coa colaboración de Bacardi, Estrella Galicia e o Pazo de Santa Teresa e as entradas, que teñen un prezo de 15 euros, estarán a venda no Café da Vila, na tenda de roupa KeCruz e Viaxes Talión ata a mañá do xoves.