Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga FS confirma o seu ascenso a Preferente

arealonga fs

O presidente e adestrador do Club, Iván Vázquez Figueroa amosa a súa satisfacción polo regreso do equipo a unha categoría que lle “corresponde por méritos deportivos” e á que regresa dous anos despois do seu descenso. Redondela contará así con tres equipos na Preferente o que garante aos afeccionados  a posibilidade de gozar de partidos de máxima rivalidade sen moverse do concello.

Un ascenso que se confirmaba en pleno mes de agosto e que supón “un recoñecemento aos bos resultados do equipo ao longo da pasada tempada na que disputaron o play off malia non lograr ese ascenso nun primeiro momento”.

Vázquez Figueroa xa traballaba coa idea de que se producira este ascenso que deixará aos afeccionados ao deporte interesantes derbis ao longo de toda a vindeira tempada, xa que son tres os equipos locais que militan na preferente: Redondela FS, Campito e Arealonga FS. O obxectivo máis inmediato é asumir o regreso a esta categoría, sumando xogadores con veteranía xa que o noso maior problema a día de hoxe “é contar cun grupo de xogadores moi novo que as veces peca de falta de experiencia á hora de tomar decisións”.

Como club “formador” con categorías que van dende biberón ata seniors, contan cunha boa canteira da que  vai nutrindo tamén ao equipo superior que, con todo, non descarta reforzarse coa chegada de novos xogadores.

O presidente do Arealonga non deixa de lembrar os problemas á hora de adestrar xa que a falta de espazo e horarios nas instalacións deportivas fai moi complicado cadrar adestramentos para dar cabida ás necesidades de todos os equipos e todos os clubs –tanto de Fúbol sala como do resto de deportes que se practican na parroquia-  “é evidente que precisamos en Chapela dun novo pavillón porque a día de hoxe as instalación existentes son claramente insuficientes”.

Con todo, fai un chamamento a todos os nenos e nenas que o desexen a sumarse ao Club que comeza a vindeira semana cos adestramentos nas categorías base.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará