Hoxe é Domingo 22 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concerto de Zalomon Grass pecha en Cesantes o ciclo Blues and Rías

zalomon

Os vigueses serán os encargados de pechar este xoves 22 de agosto a edición de verán dun ciclo que se está a desenvolver no local Brisa Chiringo na praia de Cesantes. O Blues and Rías permitiu asistir aos directos de bandas como The Phantom Club ou The Mambas Negras.

Neste último concerto, a banda formada por Mauro Comesaña á batería, David Rodríguez ao baixo e Gabriel Mckenzie presentaran as cancións do seu disco “Space Opera” (Rock Cd, 2023), que lles levou a facer unha extensa xira pola xeografía española  e a consolidarse como unha das bandas máis importantes que recolle a testemuña de sons hard rock e blues, cun son claramente influenciada por sons americanos.

A pesar de que publicar o seu LP no 2023, xa están en proceso de gravación do seu segundo longo, polo que cabe esperar que presenten algún adianto no concerto do próximo día 22.

O concerto celebrarase o próximo 22 de agosto na Brisa Chiringo (praia de Cesantes, Redondela) ás 21:30h cunha entrada única de 8?, que se poderá adquirir en despacho de billetes ou anticipada no propio local.

Co concerto de Zalomon Grass, péchase o ciclo especializado en Blues e rock americano, que xa está a preparar a súa edición invernal e que pronto se anunciará.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará