Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela recorta distancias co líder

RR_Noticias

A XXIV Bandeira de Redondela disputada esta fin de semana reduce diferenzas na cabeza da liga. Na regata, disputada en augas de Chapela, Amegrove fíxose co triunfo e o club redondelán foi segundo. Samertolameu, ata agora intratable, chegou cuarta, pero mantén o liderado na Liga Galega.

O resultado da terceira regata puntuable para a Liga Galega de Traiñeiras deixou moitos cambios na clasificación. Os postos de cabeza reducen diferenzas, quedando aínda os de Meira á fronte da táboa con 49 puntos, pero os de Chapela, con 47, están a só 2 puntos do liderado. Empatados a 45 puntos están o Amegrove Interrías C.R. en terceira posición,  e o mixto Muros-R.C. Náutico de Vigo cuarto na clasificación xeral. Cinco equipos con soamente 5 puntos entre eles elocuencia de igualdade e equilibrio.
O certo é que os remeiros do club do Grove deron o sábado a badalada dándolle á vez unha boa dentada á liga Galega de Traiñeiras coa súa intratable vitoria na XXIV Bandeira Concello de Redondela , disputada en augas de Arealonga e organizada polo Club de Remo Chapela. E os redondeláns estiveron extraordinarios nesa segunda praza que segue manténdoos en postos de elite.
A seguinte cita será a próxima fin de semana. O sábado día 10 disputarase a XXIII Bandeira Concello de Cangas e o domingo 11 a XX Bandeira Concello de Oleiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará