Hoxe é Domingo 22 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as obras de ampliación do aparcadoiro na Avenida Xosé Solla en Arcade

IMG_20240821_110429_1

A reforma, que comezou este mércores na zona de estacionamento situado a carón do Cruce de Pierres, busca ampliar o número de prazas de aparcadoiro gratuítas no núcleo comercial de Arcade. O goberno local estima que con esta actuación que contempla a ampliación, adecuación e reordenación do aparcadoiro, permitirá duplicar o número de prazas existentes.

O pasado mes de maio o Goberno de Soutomaior xa habilitou unha zona de aparcamento na rúa Forneira, que sumou 20 novas prazas e que da servizo tanto a negocios de restauración como a zonas de lecer. Ademais, o concelleiro de Urbanismo, Pablo Garrido, confirma que seguen traballando de cara a atopar novos espazos para dar resposta a demanda de zona de estacionamento “seguimos con negociacións de fincas para incrementar aínda máis o número de prazas de aparcamento na zona urbana do concello”.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu a colaboración dos propietarios das fincas que cederon de maneira desinteresada e gratuíta os seus terreos para que o Goberno local levase a cabo esta ampliación das prazas de aparcamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará