Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Satisfacción no Club de Remo de Chapela pola segunda praza na Liga Galega

RR_Noticias

O equipo redondelán quere manter “os pés no chan” e pese ós bos resultados nas primeiras regatas, insisten en que o obxectivo é acabar a tempada entre os cinco primeiros. A próxima fin de semana teñen dobre cita, o sábado na Bandeira Concello de Cangas e o domingo en Oleiros.

A regata disputada en Chapela a pasada fin de semana deixou a cabeza da Liga Galega moi apertada. A vitoria de Amegrove e o cuarto posto de Samertolameu, ata agora, intratable, deixa nun pano de puntos ós cinco primeiros clasificados. O Club de Remo Chapela mantense como o máis regular, e a segunda praza en Arealonga mantenos en postos de elite. Seguen segundos na xeral, pero agora a só un punto dos dos de Meira, que manteñen o liderado. Cinco equipos con soamente cinco puntos de diferencia ente eles demostra a igualdade e o equilibrio existente nesta liga galega. Por iso no club redondelán son prudentes. O presidente, Fernando Collazo, amosa a súa satisfacción pola segunda praza, pero di ter “os pés na terra”, e insiste en que o obxectivo dos de Chapela é rematar “entre os cinco primeiros”. Apunta que a actual situación do club é circunstancial, e que hai un total de 7 equipos “moi igualados”, e que ó longo da tempada calquera pode estar “de segundo ou de sexto”. Do tropezo de Samertolameu na Bandeira Concello de Redondela recoñece que foi “unha sorpresa”, pero que a pesar de terlle gañado, os de Meira “son superiores” e demostrarano en sucesivas regatas. E as seguintes citas serán esta fin de semana. O sábado disputarase a XXIII Bandeira Concello de Cangas ás 17.30 horas, e o domingo a XX Bandeira Concello de Oleiros, ás 11.30 horas. Unha fin de semana dura para o equipo redondelán, que confía en ter mellores resultados en Cangas. Collazo explica que a proximidade e o maior coñecemento do campo de regatas fai que teña “mellores sensacións” para a proba do Morrazo.

Fernando Collazo presidente
No club salientan que hai moita igualdade entre os clubs de cabeza
Bandeiras de Cangas e Oleiros
En Chapela confían en ter mellores resultados no Morrazo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará