Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela lidera a Liga Galega de Traiñeiras e Cesantes descende de forma inesperada

456966867_1044068411057776_6994214946992152706_n

O CR de Chapela mantense como líder afianzando o título de campioas galegas gracias ao traballo da embarcación feminina, mentres que os homes do club berete acadaron un segundo posto na clasificación xeral a dous segundos do vencedor Ares. Pola súa banda, Cesantes destacou este ano coa embarcación feminina que rematou no segundo posto, sen embargo a sorpresa a levou o seu equipo masculino que descendeu á  Liga B por só 34 centésimas no play-off.

Esta fin de semana remataban as competicións da Liga Galega de Traiñeiras coa celebración en A Coruña do Trofeo Teresa Herrera, unha competición intensa e decisiva para a embarcación masculina do CCD Cesantes-Rodavigo xa que se xogaba a súa permanencia na Liga A. A pesar do esforzo, non puido superar a embarcación de Narón que coa compensación de tempos quedaba en segunda posición na xeral por puntos.

En setembro celebrarase a regata clasificatoria para participar na Bandeira de La Concha 2024 en San Sebastián, para competir en augas vascas contra os mellores clubs do norte da península. Despois terán lugar a play-off de ascenso ás ligas Euskotren e Eusko Label en Bermeo e Portugalete, respectivamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará