Os asistentes poderán saber máis sobre agricultura ecolóxica así como de sementes típicas da zona mellor adaptadas ás condicións medioambientais da comarca. Espérase a participación de máis de 40 persoas que aínda está a tempo de inscribirse nos teléfono 669 808 417 e 699 117 128
O multiusos da Xunqueira acolle este xoves e venres días 8 e 9 de xullo, unha xornadas informativas en torno ás sementes e a agricultura ecolóxica que contará coa participación de diferentes especialistas. Así na tarde de mañá celebrarase unha mesa redonda na que se abordará a “necesidade de creación dunha rede galega de semente”, na que intervirán a productora ecolóxica e membro do Sindicato labrego Galego Charo Sánchez e do productor ecolóxico Edgar martínez. O venres ás dez da mañá haberá unha xornada técnico informativa sobre a recolección de sementes hortícolas que será impartida por Salomé Casado do Centro Zahoz para a conservación da agrobiodiversidade e a etnobotánica. As cinco da tarde os participantes na xornada visitarán unha finca dedicada ao cultivo ecolóxico en Fornelos de Montes.Os interesados poden inscribirse ou solicitar máis información nos teléfonos 669 808 417 e 699 117 128.