Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para inscribirse nos Clubs de Lectura

ClubLectura-qabkw7h0yye4sj3cfhje7qm16ez1lw5ukbo6y3nybs

O luns 2 de setembro comeza o prazo para inscribirse nos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela. A actividade é de balde  e as bibliotecas proporcionan os libros para cada sesión. As xuntanzas comezarán no mes de outubro.  Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela serán o terceiro venres de cada mes, e na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela o terceiro luns de cada mes.

As persoas participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socias das Bibliotecas Municipais de Redondela, ou ben de calquera outra biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e inscribirse previamente nun dos clubs. En calquera caso, o carné das bibliotecas pode facerse no mesmo momento da inscrición.

Máis información nas propias bibliotecas municipais de forma presencial ou a través dos teléfonos 986 45 42 26 (Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela) e 986 40 15 61 (Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela). Tamén está dispoñible o enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará