O Concello de Pazos de Borbén vén de informar aos veciños e veciñas que, a partir de agora, a recollida do lixo realizarase con medios propios do Concello. Deste xeito, buscan mellorar a calidade do servizo e xerar un aforro significativo para as arcas municipais , ao non depender de intermediarios para levar a cabo unha tarefa tan importante como a recollida do lixo.
Este servizo levaba anos nunha situación irregular que provocaba deficiencias na prestación que eran motivo de queixas constantes por parte da veciñanza . Unha vez recibido un camión de recollida de residuos adquirido polo anterior goberno, o rexedor e o seu equipo tomaron a decisión e fixeron os trámites necesarios para prestar este servizo de maneira directa. A partir de agora a recollida de enseres ou calquera problema ou incidencia relacionada coa recollida do lixo podese comunicar ao Concello no teléfono 986 49 70 35.