Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior resolve o 90% das incidencias recibidas a través da app ‘Meu concello’

Imagen de WhatsApp 2024-08-28 a las 09.42.16_4aa59fd3

O Goberno de Soutomaior fai un balance positivo da app ‘Meu Concello’ na que recibiu 114 incidencias nos dous primeiros meses da súa implantación. Delas, preto do 90% xa foron resoltas ou están en vía de resolverse. O 10% restante corresponden a cuestións que requiren máis tempo e medios para a súa resolución, ou cuestións para as que a app non está pensada e non poden resolverse.

Aapp ‘Meu Concello’ en Soutomaior é unha ferramenta deseñada pola Deputación de Pontevedra e que o Goberno local emprega para que a veciñanza poida comunicar de forma áxil e directa os desperfectos que detectan no concello.  Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da app ‘Meu Concello’. Para isto, o usuario ten que acceder a Google Play ou App Store. Unha vez localizada a app, descárgase de forma gratuíta. Posteriormente, a persoa usuaria selecciona o municipio de Soutomaior. A partir dese momento, xa pode comezar a utilizar o servizo, que é totalmente anónimo. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu a participación cidadá neste proxecto, que lle permite ao Concello coñecer estas pequenas problemáticas que se dan no municipio e así poder darlles solución o antes posible. “É imposible chegar de maneira inmediata a todas as incidencias, pero grazas a esta iniciativa podemos ter un mellor rexistro delas e así ilas atendendo todas”. Neste sentido, animou a que máis veciños e veciñas descarguen a aplicación e fagan uso dela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará