Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Boleros e habaneras para despedir o verán coa Rondalla de Redondela

Rondalla

O Concello de Redondela pecha a programación cultural de verán este sábado, día 31 de agosto, cun concerto da  Rondalla de Redondela. A praza da Casa da Torre será o escenario do concerto, como é habitual, nunha cita que comezará ás 22.00 horas.

Hai máis dunha década que esta numerosa formación redondelá é a encargada de pechar a programación estival do Concello. Para a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, “é un orgullo” contar un ano máis coa Rondalla, “un concerto co que poñemos en valor o talento dos nosos artistas e que ten unha gran acollida entre o público”.

Os máis de 30 compoñentes que conforman a agrupación ofrecerán o seu repertorio, unha antoloxía musical con temas como boleros e habaneras “e outros clásicos de sempre” que soarán na noite do sábado.

Roteiros ambientais

As actividades organizadas polo Concello para esta fin de semana complétanse cos Roteiros Ambientais que ofrecen dúas actividades nocturnas. Hoxe venres organízase unha ruta polo río Fondón. Os participantes partirán ás 21.30 horas do campo de fútbol de Trasmañó para facer un percorrido pola beira do río. Esta actividade, cultural e medioambiental, é de balde, e pode participar público de todas as idades. Un guía especializado explicará a riqueza medioambiental da zona e o seu patrimonio cultural e etnográfico. Visitarán os muíños ao longo do río e os petróglifos de Monte Penide, e poderán escoitar as lendas e costumes tradicionais relacionadas con este fermoso enclave cunhas espectaculares vistas panorámicas sobre a ría. O sábado día 31 de agosto ofrécese unha unha actividade de observación do ceo nocturno para toda a familia, cun prezo de 3 euros por persoa.

Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na Oficina de Turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará