Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela repite cuarta posición nas regatas disputadas en Cangas e Perillo

RR_Noticias

A embarcación de Redondela acadou o mesmo resultado nas dúas probas disputadas esta fin de semana. Foi cuarta tanto na Bandeira Concello de Cangas como na de Oleiros. As vitorias foron para Samertolameu e Amegrove, respectivamente, que demostraron ser as dúas embarcacións máis fortes neste inicio da Liga Galega de Traiñeiras. O Club de Remo de Chapela é agora 3º na xeral.

Liga Galega de Traiñeiras
O Club de Remo de Chapela repetiu cuarta posición nas regatas disputadas en Cangas e Oleiros esta fin de semana. As vitorias foron para Samertolameu e Amegrove, respectivamente, que demostraron ser as dúas embarcacións máis fortes neste inicio da Liga Galega de Traiñeiras. Estes resultados fan que o club redondelán caia na clasificación xeral da 2ª á 3ª praza. A embarcación do Grove ameaza cada vez máis o liderado dos de Meira, e están a tan só 2 puntos. Os de Chapela están a 5 puntos da cabeza.
Bandeira Concello de CangasAmegrove tratou de ti a ti a Samertolameu na regata disputada o sábado no Morrazo, e tívoosao que tivo contra as cordas en toda a regata aos de Meira, de feito, gañaron cunha escasa vantaxe de 1 segundo e 24 centésimas. E é que despois de catro probas, Amegrove InterRías confirmouse como a mellor alternativa ao dominio dos de Moaña.A embarcación de Chapela tivo que conformase coa cuarta posición, por detrás de Cabo da Cruz, que co terceiro posto acadou o seu mellor resultado este ano. Os boirenses avantaxaron en tres segundos á embarcación de Chapela.
Bandeira Concello de OleirosOs do Grove gañaron en augas coruñesas e Samertolameu tivo que conformarse coa terceira praza, por detrás de Muros-Náutico de Vigo, que foi segundo. Os de Chapela repetiron posición esta fin de semana, coa cuarta praza, por diante de Cabo da Cruz.
As cousas quedan bastante apertadas na cabeza da xeral desta Liga Galega de Traiñeiras, con Samertolameu que conserva o liderado ó sumar 80 puntos, pero seguidos moi de preto por Amegrove-Interrias, con 78 puntos. O Club de Remo de Chapela ostenta a terceira praza da liga, con 75 puntos.
A próxima fin de semana continúa a liga, as citas son o sábado en Poio, e o domingo no Grove. Ademais o sábado disputarase a segunda regata da Liga Galega de Veteranos en Tirán, na que tamén compite unha embarcación do club de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará