Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón acolle unha xornada de convivencia e Traballo de Mariscadoras da Provincia de Pontevedra

mariscadoras-ql3s56wxiunwnn80bm3b0fthy8trqoyfylhlhgyiyw

 “Construíndo Xuntas” é unha iniciativa da Consellería do Mar na que as Mariscadoras da Provincia de Pontevedra poderán xuntarse nunha xornada de convivencia e traballo para debater sobre a situación e necesidades do sector. Terá lugar o sábado 31 de agosto na Illa de San Simón e participan todas as confrarías da contorna, incluída a de Redondela.

Pretende ser un espazo de crecemento e fortalecemento para o colectivo de mariscadoras da provincia de Pontevedra, combinando momentos de aprendizaxe e reflexión con actividades de convivencia nunha contorna cultural e natural única. Nisi otero, Patroa Maior da Confraría de Redondela, explica que “o punto principal son as necesidades e retos que abren debate sobre a fatal de produción, este ano reduciuse un 50% a colleita” .

Baixo o nome Mariscadoras Conciencia, a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) lanza un proxecto que busca atraer principalmente a científicas e investigadoras para que as acompañen aos seus lugares de traballo e así fortalecer o intercambio de coñecementos entre o marisqueo a pé e o ámbito científico . Ata outubro do próximo ano, o proxecto impulsará unha serie de visitas, traballos de campo, reunións e mesmo un foro para a posta en común de resultados. A primeira acción terá lugar xa a próxima semana, cun encontro nos bancos marisqueiros do municipio de Redondela. Sen embargo, Nisi Otero, di que “estes estudos tardan anos en facerse e necesitamos unha solución xa”.

A proposta nace para dar resposta á necesidade de realizar unha xuntanza do colectivo de mariscadoras co fin de debater e analizar a situación do sector desde diferentes perspectivas. Esta xornada configúrase como unha oportunidade integral para que as mariscadoras fortalezan os seus lazos, intercambien coñecementos e exploren novas oportunidades para mellorar a sustentabilidade e rendibilidade da súa actividade. Tamén haberá relatorios e mesas de traballo nas que participan Mª del Carmen Morales de la Fuente, para falar da evolución do marisqueo a pé nas últimas décadas, e Luis García Deber da Fundación Ronsel para falar dos polos de emprendemento de Galicia, entre outros.

A combinación de relatorios, presentacións inspiradoras, mesas de traballo, actividades prácticas e a conexión co patrimonio da Illa de San Simón, asegura un día enriquecedor que contribuirá á socialización do colectivo de mariscadoras da provincia de Pontevedra.

Entrevista completa a Nisi Otero.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará