Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras de Chapela clasificadas para a final da Bandeira da Concha

457881529_8140531046041040_3620945980424286739_n

En Donostia citáronse máis de 100.000 persoas para seguir a gran cita do remo da tempada. Ao evento regresou a embarcación ‘berete’ tras clasificarse o pasado xoves co cuarto mellor tempo e deixar fóra a barcos de Liga Euskotren -máxima categoría- como Hondarriba, Cabo da Cruz -campioa de Galicia- ou Tirán.

Nesta primeira xornada da bandeira feminina da Concha 2024, do domingo 1 de setembro, na cidade de Donostia ( Guipúscoa), o primeiro posto foi para a traiñeira de Donostia Arraun Lagunak que gañou a súa manga con gran autoridade.  As gañadoras da Liga Galega, as beretes de Chapela-Wofco, remataron de 3ª na súa quenda e de 6ª na xeral por diante de Hibaika e Kaiku. Sumando este resultado ao que acaden o domingo día 8, última xornada da competición, sae o resultado da clasificación xeral polo que aínda teñen tempo de seguir escalando na táboa.   

Na historia do club de Chapela, o equipo sénior feminino chegou a alcanzar un sétimo posto nesta competición e agora teñen como obxectivo igualar ou mesmo superar este resultado. Sería todo un logro entrar na quenda de honra, nos catro primeiros postos e todo pode pasar nun dos eventos máis importantes do remo a nivel nacional.

Cabe destacar que as remeiras do equipo sénior do CCD Cesantes-Amegrove fixeron tamén moi boa tempada 2023/2024 na que acadaron o segundo posto na Liga Galega de Traiñeras, por detrás de Chapela e o segundo posto tamén no Trofeo Teresa Herrera que foi finalmente para as beretes. Calsificáronse tamén para a Bandeira da Concha, todo un logro a pesar de non conseguir chegar á final.

Clasificación xeral, 1-Xornada da XVII Bandeira da Concha Feminina 2024:

  1. Arraun Lagunak: 10:28
  2.  Orio: 10:37
  3.  Tolosaldea: 10:40
  4. Donostiarra: 10:42
  5.  Astillero: 10:49
  6.  Chapela: 10:54
  7.  Hibaika: 11:01
  8.   Kaiku: 11:02
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará