Permanecerá na Nave da Feira do Gando a xornada do 15 de outubro en horario de 9:00 horas a 13:00 horas, para facilitar as inspeccións dos ciclomotores con cita previa.
SyC dispón de 10 unidades móbiles que percorren toda a xeografía galega. Cada unha delas destínase á Inspección Periódica dalgún dos seguintes tipos de vehículos: lixeiros, agrícolas e ciclomotores ou motocicletas. No caso de Redondela a unidade móbil da ITV desprazarase o 15 de outubro a Nave da Feira do Gando e inspeccionará, concretamente, os ciclomotores.
Por putra banda, A unidade móbil da ITV desprazarase a próxima semana, os días 9 e 10, ata o Concello de Pazos de Borbén para facilitar o paso das revisións dos coches para os veciños deste municipio. O luns atenderán de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 e o martes de 9.00 a 13.30.
Os interesados deben solicitar cita previa a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309000.