Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

170 deportistas competiron no VI Aberto de Tenis e Pádel Memorial Sesé López

WhatsApp Image 2024-09-02 at 13.39.59 (1)

O VI Aberto de Tenis e Pádel Memorial Sesé López. que arrincou o pasado día 26 de agosto e rematou o domingo 1 de setembro, acolleu 170 deportistas nas pistas municipais de Redondela.  A competición está organizada pola Concellería de Deportes e o Club de Tenis e Pádel de Redondela e suman xa seis edicións cunha evolución moi positiva.        

A competición acolleu a deportistas de toda Galicia, como Vigo ou Santiago de Compostela, e dende a directiva sinalan a boa relación cos clubs A Montesiña e a Asociación Deportiva de Tenis e Pádel de Soutomaior que “sempre participan e colaboran con nós, ademais de recibirnos no seu propio torneo municipal desde o compañeirismo”. Fran Iglesias, da organización, considera o torneo “un éxito”. “Cada ano vai crecendo e superamos o número de participantes, tendo que ir sumando categorías novas e  sempre coa pena de que quede xente fóra”, explica Iglesias.

“Todo comezou como un equipo de amigos que xogaban xuntos e pouco a pouco crecemos de forma natural”, Fran Iglesias.

O técnico destaca o partido final de 1ª feminina entre as parellas de pádel Inés e Raquel e Sara Lorenzo e Rita Pena porque “foi moi igualada e fala moi ben do deporte feminino que temos en Redondela. Este foi un dos momentos máis emocionantes da competición”. As gañadoras foron finalmente Sara Lorenzo e Rita Pena.

Fran Iglesias sobre os gañadores e gañadoras.

Despois da entrega dos trofeos tivo lugar un sorteo grazas ás doazóns dos patrocinadores, a maioría do tecido comercial de Redondela, e a axuda do Concello. Entregaron, entre outros, unha cea no restaurante Vila Rosa, cestas con obsequios da Farmacia de Reboreda e produtos da Tía Estebana, un bono de masaxes a cargo do Policlínico Redondela, un brunch en Anaquel, palas de xogo de Drop Shot e distintos lotes de material deportivo.

“O comercio local é sempre un gran apoio no deporte do municipio e participan de Redondela e mesmo de Fornelos”, Fran Iglesias.

Houbo momento tamén para exhibicións a cargo dos xogadores da base da categoría sub15, coa intención de mostrar a capacidade dos nosos deportistas e co obxectivo de engadir este rango de idades de cara a próximos torneos se hai suficiente xente interesada. A canteira do club redondelán promete, pois segundo Iglesias “levan dende pequenos adestrando e veñen con forza, polo que demostraron na exhibición un gran nivel”.

“Xa levamos tempo preparando a canteira e achegándoos aos torneos de Soutomaior para ter visibilidade e que collan experiencia”, Fran Iglesias.

O Club de Pádel e Tenis de Redondela dedicase a dar clases de iniciación e perfeccionamento para todas as idades, así como impulsar a participación en competicións, torneos e eventos. Nestes momentos contan con tres equipos federados en Pádel en distintos niveis – Masculino A 3ª, Masculino B 4ª, Femenino 3ª – e en Tenis outros tres que tamén compiten a nivel galego – Veteranas + 35, Veteranos + 35. Veteranos + 60 masculino – co desexo de cara a tempada que vén de chegar aos play-off.

Agradecen ao Concello de Redondela, en especial ao Concelleiro de Deportes Iván Valles, polo seu apoio; aos patrocinadores que foron medrando cada ano e axudan de forma desinteresada; aos deportistas, que con deportividade e humanidade crearon un ambiente incrible tanto dentro como fora da pista; a todos os que se achegaron a empaparse de moito tenis e pádel e aos voluntarios e voluntarias que fan posible esta competición anual.

Agradecementos.

GAÑADORES DA COMPETICIÓN

Pádel:

1ª Mascu

Esteban Cernadas e Viñuela

2ª Masculina

Abel Boullosa e Brais Boullosa

3ª Masculina

Felipe e Gerardo Ramallo

 Mixto

Jorge Cabanelas e Lara P

1ª Femenina

Sara Lorenzo e Rita Pena

2ª Femenina

Soraya A e María del Cueto

3ª femenina

Maria J Rego e Rocío G

Tenis:

1ª Masculina:

Roberto Montes

Dobres Masculino:

Pérez  e Reino

Dobres feminino:

Carrera e Varela

Dobres Mixto:

Carrera e Lamas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará