Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela en contra de que os camións con destino a Vigo atravesen a súa parroquia

RR_Noticias

Na parroquia redondelá consideran positivo a posta en funcionamento da rotonda de Cabanas para favorecer o tráfico pesado que se dirixe a Pescanova e Frioya. Ao que non están dispostos é a que os camións que se dirixen a industrias de Vigo pasen tamén pola parroquia. Para os veciños a solución definitiva sería a apertura dun vial pola costa ou a carón do ferrocarril para dar acceso a estas industrias.

A apertura ó tráfico da nova rotonda de Cabanas, na saída da AP-9, recibiuse entre os veciños de Chapela con cautela. Moitos temían que, tal como anunciara o Concello de Vigo, isto supuxese un aumento do tráfico pesado na zona, ó desviarse pola avda. de Vigo os camións con destino a Teis. Desde o goberno local de Redondela aseguran que ese tráfico non se vai permitir, e para iso anuncian “controis” na avda. de Vigo. Polo de agora os veciños aseguran que non se aprecia un aumento no volume de tráfico desde que abriu a rotonda. Carmen, vendedora do mercado, sinala “que xa chega ben o tráfico que hai sempre”.Os hostaleiros da zona son da mesma opinión. Paco apunta que hai “máis follón” os luns e martes, pero que non é diferente “a hai un mes”.Na mesma liña se manifestaba o xerente dunha cafetería da zona, que criticaba as declaracións do rexedor vigués, Abel Caballero, e insistía en que Chapela debe absorber só “o tráfico das empresas da parroquia”, pero “non os camións que van a Vigo”.AlternativaOutros veciños como Nando, que rexenta un restaurante na avda. de Vigo, explica que o realmente necesario é facer unha alternativa para o transporte destas industrias radicadas no litoral de Chapela. A solución, ó seu entender, pasa porque estas empresas constrúan unha vía de servizo “a carón da vía do tren”, xa que hai espazo suficiente. Isto eliminaría o tráfico pesado do centro da parroquia e os colapsos que se producen constantemente na baixada a Pescanova. Trátase dunha rúa estreita de máis para que poidan manobrar os grandes tráilers que entran e saen da factoría. A situación complícase en moitas ocasións pola presenza de coches mal estacionados, provocando longas caravanas. Unha situación que denuncian veciños como Benjamín, quen denuncia tamén a “falta de presenza policial” na parroquia para evitar estes problemas.

Tráfico de Chapela
Os veciños néganse a que os camións con destino a Vigo atravesen Chapela
Vial alernativo
Veciños como Nando hosteleiro propoñen a construcción dun vial a carón da liña férrea.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará