- Este evento pasou.
Unidade móbil de doazón de sangue na Praza Ribadavia
Setembro 13 @ 10:00 - Setembro 14 @ 21:00
A Axencia Galega de Sangue mantén todos os días abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazan dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.
O seuobxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.
Na situación actual, traballan cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispoñen dun teléfono de información gratuíto para
consultar dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles que realizan as campañas de doazón (900100828).
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Redondela.
REDONDELA: UNIDADE MÓBIL PRAZA RIBADAVIA (ZONA CARGA E DESCARGA)
Venres, 13 de setembro 10:00 a 14:00 – 16:00 a 21:00 horas
Sábado, 14 de setembro 10:00 a 15:00 horas
Solicitamos que indiquen por fax ou correo electrónico ( promoción. ados@sergas.gal) a confirmación da reserva.