Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magallanes Renovables avanza no seu obxectivo de revolucionar o sector da enerxía

300801504_750698749670965_4705334687341560702_n

Foto do ATIR co cocho de Redondela

Magallanes Renovables traballa para revolucionar o sector da enerxía renovable en Galicia e no mundo. Están enfocados no desenvolvemento e a comercialización de sistemas flotantes de enerxía mareomotriz e ten como obxectivo abrir e liderar unha nova industria a nivel mundial centrada na explotación desta. Unha enerxía renovable inexplorada e singularmente predicible que pode desbloquear un novo mercado.

Mario Iglesias, xerente de Magallanes Renovables.

Nestes momentos teñen en marcha un proxecto que poderá xerar 4.5 MW utilizando as ondas nas costas de Escocia e Gales. O barco encargado de todo isto comezou a desenvolverse fai 15 anos e ten no mastro un choco de Redondela, levando a nosa terra con eles e mantendo a tradición dentro da innovación. Conta cunha plataforma flotante capaz de xerara enerxía a través das mareas.

Mario Iglesias, xerente de Magallanes Renovables, explica de forma sinxela como funciona o seu sistema.

Nun dos últimos pasos adiante que deron con este proxecto destaca a adxudicación de outros 3MW (megawatts) na poxa realizada por Reino Unido, cumprindo co seu obxectivo inicial. Con iso, a empresa poderá despregar dous “muíños”, en augas do norte de Escocia, alcanzando xa a cifra de nove destas infraestruturas no mesmo país tras os máis de 13MW logrados ata a data.  Despois desta primeira nova plataforma escocesa, será a quenda para desenvolver o proxecto Morlais, en Gales. Na zona adaptada para a industria mareomotriz, Magallanes instalará primeiro catro dos seus “muíños” e logo outros dous, comezando en 2026.

Mario Iglesias Casal,  xerente da compañía, explica para este medio que o proxecto funciona en augas de Reuno Unido, porque en Galicia as correntes son insuficientes para xerar esa enerxía. “Aínda que sempre pensamos na comunidade primeiro e buscando os seus beneficios, a realidade é que precisamos de correntes moi concretas que se dan en zonas específicas do mundo”, sinala Iglesias. Todo o volume do Mar do Norte entra en Reuno Unido cada seis horas no atlántico polo Canal da Mancha e as illas Orcadas (Escocia), onde está o Centro Europeo de Enerxías Mariñas, xerando un unha velocidade moi alta. Tamén traballan no Canal da Mancha en Francia e países como Chile ou Xapón , zonas moi determinadas do mundo onde a enerxía que xera o movemento do mar é predicible e infinito.

“Estamos en moitas zonas do mundo, pero principalmente Reino Unido”, Mario Iglesias.

A firma atópase en plena selección de provedores e ultimando o financiamento que supoñerá este importante investimento, que superará os sete millóns de euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará