A festa gastronómica quere ser unha exaltación do chourizo e a carne do Suído. O actor e humorista Víctor Fábregas coñecidos polo seu papel de Tucho no show dos Tonechos será o encargado de ler o pregón.
Unhas 1500 persoas achegaranse o vindeiro domingo á Fornelos de Montes a degustar o chourizo e a carne do Suido que se servirá en empanada ou a brasa acompañada de patacas. Prezos populares nunha festa gastronómica que nacía oito anos atrás e que foi medrando co paso do tempo grazas á calidade do produto, segundo nos explicaba dende a Comisión de Festas Cayetano Caamaño. Ademais de gastronomía durante todo o domingo haberá música e actuación para animar a xornada a cargo das cantareiras Ardebullo, as populares Mucha e Nucha do programa Luar. O pregón ás doce do mediodía correrá a cargo do actor e humorista Víctor Fábregas, coñecido polo seu papel de Tucho no show dos Tonechos Durante todo o día os asistentes poderán degustar os pratos baixo unha carpa instalada para a ocasión no recinto de festas e tamén bailar ao ritmo doas tríos Nostalgia e Azabache quen serán os encargados de amenizar a verbena nocturna.