Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco estrea tempada en Preferente cunha vitoria na casa

458544277_826974182754685_2052136865859082753_n

Os choqueiros venceron ao Portonovo cun resultado de un fronte a cero no Campo Municipal de Santa Mariña. O gol de Pardavila e o esforzo coral de todo o equipo déronlle ao Choco os tres primeiros puntos na estrea ante un rival de altura. O próximo domingo visitan ao Pontevedra C.F. “B” .

“Isto vai de sentimento” é o lema do Choco nesta nova tempada que arrancou este domingo no Campo Municipal de Santa Mariña con Félix Rial aos mandos. Dende a directiva do club sinalan “que o sentimento notouse no campo e nas gradas”. Un partido tremendamente igualado que se decidiu por un gol de Pardavila no minuto 48’ e no que o gardametas Aitor “viuse coa oportunidade de amosar a súa calidade e seguridade na estrea do Choco con grandes paradas, mediada a segunda parte, que conseguiron frear ao Portonovo  e que os tres puntos da estrea quedaran na casa. Este xogador debutou no sénior tras o seu paso polo xuvenil en División de Honra.

Na próxima xornada o Choco tentará manter a ilusión e seguir na senda da vitoria ante o Pontevedra C.F. “B”  no campo Manolo Barreiro 2.

Primeira Galicia

Arcade – Taragoña (1-0)

Vitoria do Arcade que recibiu ao Taragoña cun resultado de un fronte a cero. Suman tres puntos que os coloca de sextos. A próxima xornada visitan ao C.D. Union.

Marcon Atlético – CD Soutomaior (1-1)

Na mesma liga, empate do CD Soutomaior, cun resultado de un fronte a un na súa visita ao Marcon Atlético, suman un punto e sitúanse de sétimos.

En canto a Segunda Galicia o Atlético Villar comeza a tmpada o próximo domingo na casa contra o U.V.C.D. Candean e en Terceira Galicia o CD Cesantes recibe ao E.F. Villa DE Marín tamén o domingo 15 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará