As remeiras redondelás remataron de sextas na competición en Donostia, despois dunha gran loita con Kaiku. En anos anteriores obtiveron un sétimo posto en 2021 e un oitavo da edición seguinte, superando esta tempada a súa marca máxima e facendo historia para o remo feminino da nosa terra.
Naanterior xornada da bandeira feminina da Concha 2024, o domingo 1 de setembro, na cidade de Donostia (Guipúscoa), as beretes de Chapela-Wofco remataron de 3ª na súa quenda e de 6ª na xeral por diante de Hibaika e Kaiku. Sumando este resultado ao que acadaron este domingo día 8, última xornada da competición, saíu o resultado da clasificación xeral que as situou nun definitivo sexto posto. As gañadoras da bandeira foron finalmente Donostia Arraun Lagunak cunha actuación excelente, por diante de Donostiarra e Orio.
Estar na baía de Donostia xa é toda unha proeza. Na historia do club de Chapela, o equipo sénior feminino chegou a alcanzar un sétimo posto nesta competición e agora superaron este resultado avanzando un chanzo na táboa xeral.
A competición no País Vasco continúa e fin de semana que vén tanto a traiñeira masculina como a feminina do CR de Chapela participan no play-off de ascenso as ligas Euskotren y Euskolabel en Bilbao.