Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: A sede redondelá da Asociación Contra o Cancro atendeu 675 intervencións en 2023

A sede redondelá da Asociación Española Contra o Cancro anuncia a súa cea solidaria anual. Terá lugar o venres 13 de setembro ás 22:00 horas na Casona da Torre. Durante o evento haberá unha tómbola solidaria que dará comezo ás 21.30hrs. O recadado destinarase a seguir financiando os programas e servizos gratuítos que ofrece a asociación e fomentar a investigación en cancro para conseguir o obxectivo de alcanzar o 70% de supervivencia para o 2030. Esperan unha media de 300 persoas, igualando a participación do ano pasado e agradecen a axuda do comercio local que doa cada ano de forma desinteresada os agasallos para o sorteo solidario.

Falamos con Amparo Alonso da asociación sobre o desenvolvemento desta e para facer un balance dos servizos e as persoas ás que puideron ofrecer asistencia. “Fixemos 675 intervencións no ano 2023 e o que máis reclama a xente é atención psicolóxica”, explica Amparo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp