Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela queda ás portas do ascenso á máxima categoría do remo

459894154_8225314177562726_1364918063158500643_n

As embarcacións feminina e masculina sénior do Club de Remo de Chapela afrontaron esta fin de semana o ‘play-off’ das ligas vasca Euskotren e Eusko Label, que se celebran en Bermeo e Portugalete e poñían punto e final á tempada de traiñeiras. O sénior masculino quedou no quinto posto e as remeiras do sénior feminino no terceiro, demostrando a súa valía entre as mellores embarcacións do norte do país.  

No play off feminino Chapela e Cabo quedaron sen ascenso á liga Euskotren, ao quedar clasificadas na  terceira e cuarta posición, respectivamente. O ascenso foi para a traiñeira de Estaleiro e Zumaia, que acabaron na primeira e segunda posición. Chapela quedou a só tres segundos da segunda praza, mentres que Cabo de Cruz fixo o peor tempo das catro tripulacións que tomaron parte no play off.

No play off masculino, resultou vencedor Ares, polo que competirá na próxima tempada na liga ACT de Traiñeiras, a Eusko Label Liga, considerada a elite do remo nesta modalidade deportiva. A outra praza de ascenso foi conseguida pola traiñeira vasca de San Juan. Ares que se mostrou moi superior na primeira xornada do play off de ascenso, disputado en Bermeo, acabou segundo por detrás de San Juan na segunda xornada disputada en Portugalete. Sumadas os resultados de ambas as xornadas San Juan e Ares lograron as prazas de ascenso á ACT. Santurtzi, San Pedro e Chapela repetiron posicións con respecto á cita do sábado en Bermeo, ratificándose o descenso de San Pedro.

Clasificación xeral, Play Off Eusko Label Liga 2024:

  1. San Juan: 41:17
  2.  Ares: 41: 24
  3.   Santurtzi: 42:23
  4.  San Pedro: 42:31
  5.  Chapela: 43:19

Clasificación xerall, Play Off Euskotren Liga 2024:

  1. Astillero: 22:59
  2.  Zumaia: 23:01
  3.  Chapela: 23:16
  4.  Cabo da Cruz: 23:43
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará