Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Cursos de novas tecnoloxías

Outubro 1 @ 08:00 - 17:00

As Aulas CeMIT de Redondela e Chapela acollerán nos meses de outubro e novembro cursos totalmente de balde dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos onde abarcarán competencias dixitais.

O programa “Campamento Dixital” abarca sesións de 30 horas de formación gratuíta e actividades complementarias online guiadas polas tardes. A aprendizaxe está exposta como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 90 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela e na de Chapela.

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (á beira da piscina municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. No caso de Chapela, pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais da parroquia. A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados do Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

Detalles

Data:
Outubro 1
Hora:
08:00 - 17:00