Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioverán de Soutomaior triplica o número de préstamos realizados na época estival

Lecturas Biblioverán Praia Xunqueira 2024

Durante os case 3 meses que durou o servizo prestáronse un total de 85 libros, fronte aos 26 préstamos do pasado ano. Un servizo que busca achegar a literatura aos usuarios dos espazos máis concorridos en época estival como a praia da Muxeira no Peirao, na Veiguiña Longa en Comboa, e na Xunqueira de Arcade.

Unha edición que se desenvolveu dende o 20 de xuño ata o 11 de setembro deste 2024. Un meses durante os cales a Biblioteca Pública Luís Seoane trasladouse a diferentes espazos exteriores do Concello co fin de achegar os servizos que ofrece a biblioteca municipal Luís Seoane.

Este servizo de extensión bibliotecaria desenrolouse no Peirao, e un ano máis, tamén se estendeu a Veiguiña Longa, en Comboa, e á Xunqueira  de Arcade. Lugares, todos eles, onde se ofreceu non só un espazo para a lectura ao aire libre, senón tamén un espazo onde se desenvolveron diferentes actividades de animación á lectura como contacontos, teatro, obradoiros, campionatos de xogos de mesa, préstamos e devolucións de libros e lecturas compartidas…

Durante este case 3 meses máis de 450 persoas polo servizo cunha media de 34 persoas ao día en xuño, 28 persoas en xullo e 48 persoas no mes de agosto. Fixéronse un total de 85 préstamos, fronte aos 26 préstamos do pasado ano.

A concelleira de Cultura de Soutomaior, Silvia Cernadas, descatou que “este ano, houbo ampliación do servizo de Biblioverán tras percibir esta demanda por parte das veciñas e veciñas do concello. Ademais durante os días deste servizo houbo sempre actividades, que esa é unha das principais novidades deste ano, tendo os xogos de mesa moito éxito entre as e os asistentes”.

O obxectivo desta iniciativa foi o de manter o hábito lector ao longo da época estival. Así nestes espazos realizáronse préstamos de libros, devolucións, lecturas insitu e moito máis sen ter que desprazarse ao local da biblioteca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará