Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana sen vitorias no fútbol redondelán

457090014_820905300028240_1596564552436511964_n

Foto da campaña do CD Choco

O CD Choco, o CD Arcade e o CD Soutomaior perdían ante os rivais das súas correspondentes ligas, mentres que o CD Cesantes e o CD Atlético de Villar conseguiron empatar e sumar un punto na táboa xeral. Aínda estamos no comezo da tempada e todo está por definir.

Preferente, Grupo 2

Pontevedra C.F. “B”  – CD Choco (2-0)

Os de Félix Rial, despois da vitoria na primeira xornada contra o Portonovo, perdían na súa visita ao Pontevedra CF no Campo Manolo Barreiro 2. Esta é a primeira derrota da tempada do Choco, que fixo un bo partido. Con todo, o primeiro gol dos rivais chegou no minuto 50’ e só dous minutos despois chegaba o seguinte. O pontevedrés Jairo fixo os dous goles da vitoria granate, que coloca ao equipo nos postos de play off. O Choco pola súa banda, está nestes momentos en metade da táboa. A próxima xornada reciben ao CD Barco.

Primeira Galicia, Grupo 5

CD Union – CD Arcade (1-0)

Derrota do Arcade pola mínima na súa visita ao CD Unión. Aguantaron durante todo o partido co marcador a cero, sen embargo a falta de catro minutos para rematar marcaban os de rianxo o gol definitivo. A próxima fin de semana reciben ao Marcón Atlético.

CD Soutomaior – Flavia SD (0-2)

O CD Soutomaior comezou con mal pe o partido deste domingo no Campo Graciano Padín, cando os de Padrón conseguían achegarse a portaría e marcar no minuto 3’ o primeiro gol. Os de Raúl González loitaron ata o final, pero a pesar dos esforzos recibían outro gol do rival no minuto 84’ e a piques de rematar. Nestes momentos o Soutomaior está no décimo quinto posto e teñen moito que loitar para subir na táboa xeral. A próxima xornada desprázanse ao Campo de A Ran para xogar contra o AT. Cuntis FS.

Segunda Galicia, Vigo

CD Atlético Villar – UVCD Candean (2-2)

 Despois dunha boa pretempada do equipo dirixido por Mon Sanroman, conseguiron arrancar o primeiro punto contra o U.V.C.D Candean, na súa volta a Segunda Rexional. Lois conseguiu marcar o primeiro gol no minuto 56’, sen embargo en dous minutos negros a partir do 81’, os rivais marcaban dous tantos. Foi na prórroga de seis minutos cando David marcaba o acerto do empate.  Atópanse na metade da táboa e a próxima xornada visitan ao AD Mosende.

Terceira Galicia, Pontevedra 1

CD Cesantes –  E.F. Villa DE Marín (1-1)

O Cesantes comezou a tempada na casa este domingo contra o Villa de Marín no Campo Municipal de A Gándara. O goleador foi David Álvarez, pero a pesar dunha intensa defensa non puideron frear o gol do rival no minuto 82´que pechaba o partido cun empate. Os de Rafael, na metade da táboa, desprázanse a Marín para xogar a segunda xornada contra o SD Santome.

Terceira Galicia, Vigo 1

Racing Castrelos F.C. “B”- Chapela C.F. (3-2)

Tocoulles comezar a tempada fora da casa contra un dos favoritos, o Racing de Castrelos. O seguinte domingo reciben ao CD Teis no Campo de Fútbol Parada en Chapela.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará