Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pikota FM pecha a festa da III Carreira Contrarreloxo por Equipos cun concerto na rúa

9211a2c7-eb52-49cf-b0d8-ca47c75e9f50

A proba organizada polo Club de Atletismo de Redondela e a Concellería de Deportes do Concello de Redondela clebrarase este sábado 21 ás 19:00 horas e aínda está o prazo de inscrición aberto ata o mércores ás 00:00 horas. O evento contará cunha festa final a cargo de Pikota FM e servizo de bebidas para quen queira continuar celebrando o deporte na rúa.  

As equipas deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes é están enfocadas para persoas nadas antes do 2010.  No caso dos equipos mixtos, un mínimo de 2 compoñentes terán que pertencer ao xénero contrario. A proba comezará ás 19 horas e discorrerá por un percorrido urbano, completamente pechado ao tráfico, cunha distancia de 5 quilómetros. A saída da carreira será desde a Alameda Castelao e a meta na rúa Alfonso XII, fronte á Casa do Concello. Como premio, os tres primeiros de cada categoría recibirán unha cesta con produtos gourmet (valoradas en 150, 100 e 75 euros, respectivamente).

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentaron esta terceira edición da carreira xunto aos directivos do club Pilar Nieto, Manuel Ulla e a presidenta Ana Romasanta. Tanto desde o Concello de Redondela como desde o club de atletismo animan aos amantes do atletismo a sumarse a este evento deportivo.

As inscricións deben facerse na páxina www.cronotec.es e pecharán o mércores, día 18 de setembro, ás 12 da noite. Para máis información o teléfono de contacto é o 667833100 e o coreo electrónico car.redondela@gmail.com .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará