Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un obradoiro de interpretación formará futuros actores e actrices

obradoiro interpretación

O Concello de Redondela pon en marcha esta actividade que arrancará en outubro. Está previsto constituír dous grupos por idades, un orientado a rapazada de 12 a 16 anos, e o segundo pensado para adultos a partir de 17 anos. O prazo de inscrición estará aberto a partir de mañá 18 de setembro ata o 2 de outubro. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición eo curso ten un custe total de 79,50 euros (dez euros mensuais).

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, explica que este obradoiro, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación“servirá tamén para poñer en valor os recursos patrimoniais de Redondela, dando protagonismo a fitos como a Batalla de Rande ou a figura das Madriñas de San Simón”. Pérez Táboas lembra que noutras ocasións téñense feito traballos para dar a coñecer o patrimonio industrial da vila “como no caso das traballadoras do téxtil da fábrica de Regojo”.

As clases comezarán o próximo día 3 de outubro, e serán no Multiusos da Xunqueira os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes. Os participantes aprenderán técnicas de interpretación e comunicación co obxectivo de preparar algunha representación sobre as táboas ao longo do ano. A concelleira de Cultura e Turismo anima a toda a veciñanza a inscribirse “xa que tamén mellorarán as súas habilidades sociais e ampliarán o seu coñecemento sobre o patrimonio e a historia do municipio”.

A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2024 ata maio de 2025. O obxectivo do Concello é “ofrecer unha actividade cultural de calidade que sexa accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais”, sinala Pérez Táboas.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 18 de setembro ata o 2 de outubro. Os interesados poderán facelo no rexistro do Concello ou a través da páxina www.redondela.gal. Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico concello@redondela.gal ou ao teléfono 986 400 300. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará