Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle a XIII edición do obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador

con barqueira

A iniciativa celebrarase desde o 30 de setembro ata o 5 de outubro baixo a dirección da poeta Yoland Castaño. Contará nesta edición coa participación de seis profesionais de Romanía, Serbia, Malta, Colombia, Cataluña e Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo presentou a XIII edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira eremador, onde o Goberno galego e a poeta Yolanda Castaño colaboran na celebración desta cita que terá lugar na Illa de San Simón do 30 de setembro ata o 5 de outubro. Lorenzo salientou a iniciativa como “unha oportunidade para que os autores compartan e aprendan das súas culturas e linguas”. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a implicación e o traballo, neste proxecto, “dunha das voces poéticas en galego máis distinguidas do noso país”.

A cita coordinada pola autora arrancará na Illa de San Simón coa participación de autores galegas, nacionais e internacionais. En concreto, os profesionais que convivirán dende o 30 de setembro atao 5 de outubro neste espazo son: Radu Vancu, de Romanía; Petar Matovic, de Serbia; Nadia Mifsud,de Malta; Andrea Cote, de Colombia; Martí Sales, de Cataluña, e Jesús Castro Yáñez, de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará