Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ao insti en taxi

taxi 2

Rapaces e rapazas de Bacharelato dos institutos Mendiño e Pedro Floriani estrearon na xornada de hoxe o servizo de taxis posto en marcha polo concello co obxecto de facilitar os desprazamentos a aqueles alumnos que carecen de praza no transporte escolar. O servizo comezou a funcionar este mércores unha vez que o goberno local asinou un convenio pioneiro coa Asociación Radio Taxi e a Unión Sindical de Autónomos do Taxi de Redondela, que farán o traslado do alumnado ida e volta dende as parroquias aos seus respectivos institutos.

A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que o goberno local “decidiu asumir este servizo por responsabilidade, malia ser competencia exclusiva da Xunta de Galicia, ante a dificultade de moitas familias para levar aos seus fillos aos institutos”.

O convenio asinouse no Concello entre a alcaldesa e os representantes da Unión Sindical de Autónomos do Taxi de Redondela , Manuel Giráldez, e da Asociación Radio Taxi Redondela, Juan Carlos Puga. Os taxis destes colectivos farán o traslado do alumnado aos institutos desde as mesmas paradas do transporte escolar de Cesantes, Quintela, Vilar, Porto Cabeiro, Reboreda e Ventosela. Os taxis farán o traxecto de ida e volta ofrecendo un servizo pioneiro na provincia do que se beneficiarán uns 50 alumnos e alumnas dos IES Pedro Floriani e Mendiño. Unha vez asinado o convenio, o servizo comezou a funciona neste 18 de setembro.

A alcaldesa sinalou que “ante a falta de resposta por parte da Xunta de Galicia o goberno local de Redondela fai este esforzo para que ningún rapaz ou rapaza de Bacharelato quede sen transporte gratuíto aos seus institutos, un dereito do alumnado que garante a igualdade de oportunidades para acceder ao ensino con independencia do seu lugar de residencia”.

Reunións coa Xunta de Galicia

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuníronse nos últimos meses en varias ocasións cos responsables da Xunta de Galicia para tratar de darlle unha solución a esta problemática que afeca a ducias de alumnos e alumnas de Bacharelato. Seguen á espera de que a Xunta lle faga chegar unha proposta para establecer liñas de autobús nas parroquias a través dun Servizo de Interese Municipal (SIMU) cun convenio entre a administración local e autonómica. Lamentan en todo caso que dende as Consellerías de Ensino e de Mobilidade, “non teñan ofrecido ningunha solución ás necesidades do transporte escolar en Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará