Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mareas vivas deixan imaxes sorprendentes en Cesantes

mareas vivas

Non é insólito pero si impactante ver estes días os efectos das mareas vivas na praia de Cesantes. Imaxes que eran captadas polos bañistas que apuran os que poderían ser os últimos días de verán e boas temperaturas e que onte asistiron aos efectos conxuntos de dous fenómenos: o sol e a lúa aliñados co Ecuador e o feito de que a lúa se atope na súa fase de maior achegamento coa terra. Unha preamar que, en torno ás seis da tarde, cubría todo o areal ata chegar ao paseo e anegar tamén a zona de xogo do parque infantil.  

Os máis cativos aproveitaron esta situación pouco habitual para xogar nunha lagoa xigante, coas instalacións do parque infantil completamente inundadas o que permitía á rapazada lanzarse na tirolina e deslizarse sobre a auga.

A altura da preamar, que estes días se produce a media tarde, seguirá deixando estampas semellantes ata mañá, pero era este mércores onde máis se notaron os efectos das mareas vivas. Hoxe a previsión e´que este episodio de mareas vivas sexa un pouco menos intenso.

A cara negativa foi o habitual problema que se vive no centro da vila cando se producen mareas deste calibre: a auga invade o tramo de estrada que discorre baixo o scalextri e obriga a cortar a vía cos conseguintes problemas na circulación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará