Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A exposición fotográfica “Diarama” de Elías Regueira para Da Man chega a Redondela

Imágenes pertenecientes a la exposición Diarama, de Elías Regueira, fotógrafo y diseñador de Faro de Vigo.. En la sala "Navia espacio de Arte" en Navia, en la sede de Apamp. Las fotos son de multiples viajes por África con la ong Da Man. ©Eli Regueira. Septiembre de 2023.

Foto de Elías Regueira

O espazo de exposicións do Multiusos da Xunqueira acollerá a mostra fotográfica “Diarama” de Elías Regueira, na que se mostra máis dunha década  do seu traballo voluntario coa ONG redondelá Da Man en Senegal.

Regueira leva máis dunha década vinculado a Da Man, a ONG fundada e dirixida pola pediatra redondelá Pilar Martínez que, desde 2009, desenvolve diferentes plans sanitarios e educativos na zona rural de Touba Merina, en Senegal.

“En Da Man hai un grupo de persoas traballando cun valor incrible”, Elías Regueira.

“Diarama” significa “gracias especiais” no idioma Peul, utilizado por un grupo étnico que vive no país do oeste africano, e no que Da Man desenvolve proxectos solidarios de intervención en educación, maternidade e sanidade. Ademais dos proxectos fixos, como son o educativo e a medicina de familia ou xeral, tamén traballan en outros que se van ampliando cada ano. Axudan a levar auga potable ou puntos de luz a poboados que non teñen e tamén introduciron a odontoloxía. A serie recolle as viaxes do deseñador e fotógrafo galego polo continente africano xunto á ONG e pretende ser un agradecemento a todas as persoas coas que o fotógrafo compartiu experiencias e proxectos. A exposición defínese por representar “a cor da alma da xente de Senegal. Intento transmitir o meu sentir de forma poética e o que é Da Man”, Sinala Regueira.

“Para min Senegal é luz, intensidade, paixón e valores de solidariedade”, Elías Regueira.

A mostra estivo exposta o ano pasado no espazo de arte en Navia da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) en Vigo. Óscar Fernández, usuario de Apamp, volve ser o presentador e condutor da narrativa que hai detrás de cada fotografía: historias de vida que nos permitirán achegarnos á realidade alí exposta. “Óscar é unha persoa moi especial e é moi importante que volva a estar nesta exposición”, explica o fotógrafo.

 “Óscar, con dificultades de fala, conta a través dun dispositivo electrónico as historias detrás das fotos”, Elías Regueira.

No comezo da exhibición fotográfica, aparece unha pequena serie de cando Elías colaboraba con Apamp, para despois dar paso ao seu último traballo con Da Man. “Pareceume importante achegar unha pincelada daquela época porque o obxectivo é visibilizar o espazo e o traballo que fan, para dalos a coñecer”, destaca Elías Regueira.

No acto de presentación, que terá lugar ás 18.30 do xoves 19 de setembro, estarán presentes Óscar Fernández, Elías Regueira e representantes de Da Man para “responder a calquera dúbida sobre o traballo da ONG e facilitar a compra das fotografías que se poden adquirir para colaborar”.

“Espero que se achegue moita xente e que guste”, Elías Regueira.

 A mostra, que conta coa colaboración de Da Man e Apamp,  inaugurase hoxe en Redondela ás 18.00 horas e poderase visitar ata o próximo 14 de outubro no Multiusos da Xunqueira, de luns a domingo en horario de 10.00 a 14.00 horas e de  16.00 a 22.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará